Blogia

A.P.O.E.G.A.L.

Os libros de texto serán de balde en todo o ensino obrigatorio para o vindeiro curso

Os libros de texto serán de balde en todo o ensino obrigatorio para o vindeiro curso

O curso que comeza o vindeiro outono completarase a gratuidade de libros de texto para o conxunto do ensino obrigatorio en Galicia. Primeiro e terceiro de ESO serán os novos cursos aos que se ampliará esta medida. O conxunto do programa suporá un investimento de 23,4 millóns de euros, dentro dos que se contempla a substitución dos manuais de primeiro, segundo, e sexto de primaria, que xa cumpriron os catro anos previstos de emprego.

FONTE INFORMATIVA 

http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=9986

NOVA XUNTA DIRECTIVA DE APOEGAL

PRESIDENTE: DANIEL VEIGA MARTÍNEZ

VICEPRESIDENTA: ANA TORRES JACK

SECRETARIA: GEMA CASTRO PICO

TESOUREIRO: LUIS ALBERTO VARELA PÉREZ

VOCALÍA DE COMUNICACIÓN: SONIA FERRO CID

VOCALÍA DE FORMACIÓN: JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
LIÑAS BÁSICAS DO PROXECTO DE ACTUACIÓN
1.- Fomentar a continuidade e consolidación da asociación.
2.- Traballar na defensa dos intereses comúns da orientación educativa en Galicia.
3.- Afianzar a presenza e a relevancia da orientación na comunidade educativa e no conxunto da sociedade.
4.- Potenciar a formación permanente -entre outras áreas, en novas tecnoloxías- dos asociados/as mediante convenios cos centros de formación.
5.- Servir de plataforma para o intercambio de experiencias.
6.- Servir de interlocutor ante as distintas Administracións.
7.- Manter e afianzar os vínculos con outras asociacións estatais e internacionais.

CANDIDATURA Á XUNTA DIRECTIVA DE A.P.O.E.GAL

NORABOA PARA O I.E.S. "CARLOS CASARES" DE VIANA DO BOLO (Ourense)

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo gaña o segundo premio nacional no concurso de boas prácticas de convivencia do MEC

Este centro vén traballando na convivencia desde o curso 2001/2002

 O Instituto de Educación Secundaria (IES) Carlos Casares, de Viana do Bolo, resultou gañador do segundo premio nacional do concurso de boas prácticas de convivencia, convocado polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), en xuño deste ano. Este centro competeu con 144 centros de toda España, dos cales outros 4 eran tamén galegos.

Máis información  

OS PAIS NON SON COLEGAS

Lendo unha interesante aportación de Ana Torres Jack sobre o traballo dos orientadores e orientadoras coas familias, pensei que sería unha boa idea comezar a nova andaina do blog de APOEGAL, repasando o imprescindible papel que xogan as familias e as tarefas que, polo que parece, non quedan suficientemente resoltas.

Teño unha proposta de claves para educar ben  que poden servir de apoio e punto de partida para reflexionar sobre o papel das familias na educación:

CLAVES PARA EDUCAR BEN

OPINIÓNS SOBRE A DÉCIMO QUINTA DA L.O.E.

Unha vez lida a disposición transitoria décimo quinta da LOE, manifesto o seguinte:

1º.-Teño dúbidas se fai referencia tan só ós profesionais dos Equipos Psicopedágoxicos de Apoio, actuais EOE, ou tamén aos mestres de primaria responsables dos despartamentos de orientación en ditos centros.

2º.- No caso dos mestres de primaria que desempeñaban funcións orientadoras nos antiguos EPSA, accederon ao seu posto de traballo con anterioridade ao Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional nesta Comunidade Autónoma e se lles esixía o título de licenciado. Nestes casos, penso que pode defenderse a disposición adicional décimo quinta, agás no relativo a recoñecemento da antigüidade a efectos de concurso de traslados, que debe contarse a partir da data da súa incorporación ao corpo de secundaria.

3º.-No caso dos mestres de primaria responsables dos departamentos de orientación nestes centros, accederon ao seu posto de traballo despois da publicación do Decreto 120/1998, é decir, despois da regularización dos servicios de orientación, polo que tiveron e teñen a opción de presentarse as oposicións do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, especialidade de psicoloxía e pedagoxía, quenda B, tal e como regula a Lei da función Pública. Nestes casos, non estou de acordo en defender a adicional décimo quinta en ningún dos puntos, baixo o meu punto de vista seria defender os intereses duns asociados en detrimentro dos intereses doutros moitos, por que sí. 3º.- Pensade que hai mestres de primaria adcritos a secundaria, que desempeñan o seu posto de traballo en centros de secundaria e as mesmas funcións que os PES, algúns destes tamén teñen o título de licenciado. ¿Os orientadores, si e os de matemáticas, non?. Outra cousa é que plantexemos o corpo único de docentes para tódalas especialidades. Esto é a nosa opinión. Un saúdo a todos PD: Non somos dos EOE.

Asdo.: Antonia Fernández Pena, Nila García González, Susi Díaz Sánchez.

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA (INFORMACIÓN ACTUALIZADA)

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA (INFORMACIÓN ACTUALIZADA)

Tríptico do I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA
(Información actualizada a día 4 de maio de 2006)

TEXTO DEFINITIVO DA L. O .E.

TEXTO  DEFINITIVO  DA   L. O .E.

O texto definitivo da L.O.E. podemos consultalo aquí .

PROGRAMA PRELIMINAR DO I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

ImgDump.net

PROGRAMA PRELIMINAR DO I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Como xa informamos o día 3 de marzo de 2006, a Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia (APOEGAL) organiza o I Encontro de Orientadores de Galicia os días 19 e 20 de Maio de 2006 en Ourense. Na páxina web da APOEGAL podemos consultar toda a información precisa para coñecer, entre outras cuestións, as finalidades do Encontro, comunicacións e organización.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

ImgDump.net

ESTILOS DE APRENDIZAXE

ESTILOS   DE  APRENDIZAXE

Ana Robles, profesora de Inglés na provincia de Lugo, ten unha páxina web interesante , entre outros temas, sobre os estilos de aprendizaxe, a intelixencia emocional, as actitudes  e as intelixencias múltiples.

Fonte informativa .

CONGRESO INTERNACIONAL DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

CONGRESO  INTERNACIONAL  DE  ORIENTACIÓN  PROFESIONAL

Os días 9 e 10 de marzo de 2006 vaise celebrar en Bilbao o Congreso Internacional de Orientación Profesional.

DATOS SOBRE A SITUACIÓN DOS INMIGRANTES NA ESCOLA GALEGA

DATOS SOBRE A SITUACIÓN DOS INMIGRANTES NA ESCOLA GALEGA

No xornal "La Voz de Galicia" podemos ler unha información sobre a situación escolar do alumnado inmigrante .

No artigo ofrécense cifras (número de alumnos/as inmigrantes escolarizados) e distintas informacións de interese para coñecer a situación educativa deste colectivo.

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA
Ourense, 19 e 20 de maio de 2006

A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia (APOEGAL) apostou por organizar un Encontro centrado na reflexión sobre as actuacións dos/as orientadores/as educativos.

LUGAR ONDE SE LEVARÁ A CABO A ACTIVIDADE

Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Ourense. Universidade de Vigo.

HORARIO

Venres 19. De 16:00 horas a 21:00 horas.

Sábado: De 9:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas

VALORACIÓN EN HORAS DE FORMACIÓN: 15 HORAS.