Blogia
A.P.O.E.G.A.L.

OPINIÓNS SOBRE A DÉCIMO QUINTA DA L.O.E.

Unha vez lida a disposición transitoria décimo quinta da LOE, manifesto o seguinte:

1º.-Teño dúbidas se fai referencia tan só ós profesionais dos Equipos Psicopedágoxicos de Apoio, actuais EOE, ou tamén aos mestres de primaria responsables dos despartamentos de orientación en ditos centros.

2º.- No caso dos mestres de primaria que desempeñaban funcións orientadoras nos antiguos EPSA, accederon ao seu posto de traballo con anterioridade ao Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional nesta Comunidade Autónoma e se lles esixía o título de licenciado. Nestes casos, penso que pode defenderse a disposición adicional décimo quinta, agás no relativo a recoñecemento da antigüidade a efectos de concurso de traslados, que debe contarse a partir da data da súa incorporación ao corpo de secundaria.

3º.-No caso dos mestres de primaria responsables dos departamentos de orientación nestes centros, accederon ao seu posto de traballo despois da publicación do Decreto 120/1998, é decir, despois da regularización dos servicios de orientación, polo que tiveron e teñen a opción de presentarse as oposicións do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, especialidade de psicoloxía e pedagoxía, quenda B, tal e como regula a Lei da función Pública. Nestes casos, non estou de acordo en defender a adicional décimo quinta en ningún dos puntos, baixo o meu punto de vista seria defender os intereses duns asociados en detrimentro dos intereses doutros moitos, por que sí. 3º.- Pensade que hai mestres de primaria adcritos a secundaria, que desempeñan o seu posto de traballo en centros de secundaria e as mesmas funcións que os PES, algúns destes tamén teñen o título de licenciado. ¿Os orientadores, si e os de matemáticas, non?. Outra cousa é que plantexemos o corpo único de docentes para tódalas especialidades. Esto é a nosa opinión. Un saúdo a todos PD: Non somos dos EOE.

Asdo.: Antonia Fernández Pena, Nila García González, Susi Díaz Sánchez.

0 comentarios