Blogia
A.P.O.E.G.A.L.

DATOS SOBRE A SITUACIÓN DOS INMIGRANTES NA ESCOLA GALEGA

DATOS SOBRE A SITUACIÓN DOS INMIGRANTES NA ESCOLA GALEGA

No xornal "La Voz de Galicia" podemos ler unha información sobre a situación escolar do alumnado inmigrante .

No artigo ofrécense cifras (número de alumnos/as inmigrantes escolarizados) e distintas informacións de interese para coñecer a situación educativa deste colectivo.

1 comentario

Mª Consuelo Vázquez Castro -

Son orientadora do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras. Neste momento contamos con 60 alumnos/as estranxeiros, deles cinco no grupo de adquisición de linguas (4 paquistanís e 1 rumano). É o segundo curso que temos aula de "transición" ou estranxeiros, este ano desenvolvemos moitas actividades de integración e participación no Centro, conseguimos que este alumnado participe en todo: excursións, obras de teatro, festivais é o máis difícil aínda, que os pais/nais vaian velos, por exemplo unha nena paquistaní actuando nun escenario representando un papel nunha obra de teatro, e outra facendo un número de baile nun festival... Penso que este curso foi moi enriquecedor para todos, sobre todo para os docentes que traballamos arreo con este alumnado.....