Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.
08/01/2008
NOVA ESPECIALIDADE DE SECUNDARIA: ORIENTACIÓN EDUCATIVA

14/01/2008
NORABOA PARA A NOSA COMPAÑEIRA MARTA MARÍA MORO POLO PREMIO

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha resolución do Instituto Galego de Consumo (IGC) pola que se dan a coñecer os gañadores dos premios convocados polo organismo dependente da Consellaría de Innovación e Industria ás teses de doutoramento e traballos de investigación realizados no eido do consumo. Á hora de conceder estes galardóns, o Instituto tivo en conta a orixinalidade dos proxectos, o interese do tema para Galiza, a aplicación práctica da investigación desenvolvida á realidade actual e a utilización da lingua galega na redacción do traballo.
Na modalidade de traballos de investigación, o primeiro premio correspondeu ao titulado “Imos á publicidade. Elaboración dun material educativo audiovisual para a identificación de contravalores na publicidade de televisión”, elaborado por Marta María Moro Rodríguez.
FONTE INFORMATIVA: GALICIA-HOXE
A PUBLICIDADE (PAUTAS PARA O TITOR/A)19/01/2008
I XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN: A DISCAPACIDADE
24/01/2008
A IDEA MÁIS FERMOSA
No blog do profesor MIGUEL ÁNGEL SANTOS GUERRA podemos ler un emocionante e interesante artigo que se titula: "La idea más hermosa". Unha reflexión sobre a importancia da afectividade e da emocións na institución escolar.






