Blogia
A.P.O.E.G.A.L.

BECAS FEUGA PARA FP

O programa de bolsas de Formación Profesional de FEUGA está destinado a persoas tituladas en Formación Profesional dos centros públicos galegos de FP.

Este programa busca contribuír a facilitar a inserción profesional destas persoas, mellorando a súa cualificación e o seu desempeño profesional. Para a execución deste programa cóntase coa directa colaboración dun elevado número de empresas, entidades e institucións privadas e públicas, así como coa colaboración do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Estas bolsas de Formación Profesional de FEUGA son un instrumento axeitado para favorecer o acceso ao mercado laboral das persoas que acaben de titularse e para completaren a súa formación teórica previa, cunha estadía práctica nun centro de traballo.

De cara ás empresas, estas bolsas constitúen unha ferramenta idónea, xa que poden acceder a profesionais con preparación e sen experiencia profesional, que poden formar durante a estadía na empresa en todos os aspectos propios do seu labor profesional e nun período previo á súa posible contratación.

Para ampliar información sobre o programa de bolsas, pode dirixirse á FEUGA no teléfono 981 534 180, no fax 981 524 351 ou no correo electrónicosdoce@feuga.es.

0 comentarios