Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2007.
03/12/2007
O Informe PISA sitúa o ensino galego entre os seis mellores do Estado
A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) realiza periodicamente un informe (o PISA) que mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá. Un documento que goza de gran prestixio e cuxos últimos resultados foron avanzados na revista “Maxisterio”. O informe evidencia que o sistema educativo español non mellora (está de 26 no listado mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos o que a sitúa sexta en España por diante do nivel dos Suecos e dos Daneses. Malia que descende dous postos no conxunto estatal, consegue catro puntos máis que no informe anterior.
Máis información no web da revista Magisterio, no da OCDE e na nosa hemeroteca
Fonte informativa: CulturaGalega.org
10/12/2007
PUBLICACIÓNS DE INTERESE PARA OS DEPARTAMEMTOS DE ORIENTACIÓN

No portal educativo da Xunta de Galicia - Publicacións da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa- podemos consultar, entre outros, os seguíntes materiais:
1.- Orientacións e respostas educativas: alumnado con discapacidade intelectual.
2.- Orientacións e respostas educativas: alumnado con problemas de conducta.
3.- Orientacións e respostas educativas: alumnado con sobredotación intelectual.
4.- Maltrato entre iguais . Programa de sensibilización.
18/12/2007
O FRACASO ESCOLAR NA EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

Un de cada catro alumnos/as non remata a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Na Revista dixital Consumer Educación presentan un artigo breve que se divide en tres apartados.
21/12/2007
CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL DE EDUCACIÓN

CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL DE EDUCACIÓN(CIVE 2008)
DO 2 AO 22 DE ABRIL DE 2008
CIVE 2008 quere convertirse nun punto de encontro dos profesionais da educación e da psicoloxía educativa de ámbito internacional, utilizando como soporte as ferramentas de internet.
Para participar como asistente: a partir do día 10 de xaneiro de 2008
Presentación de ponencias: ata o día 31 de xaneiro de 2008 (para os ponentes xa está aberta a inscrición)




