Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.
03/03/2006
I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA
Ourense, 19 e 20 de maio de 2006
A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia (APOEGAL) apostou por organizar un Encontro centrado na reflexión sobre as actuacións dos/as orientadores/as educativos.
LUGAR ONDE SE LEVARÁ A CABO A ACTIVIDADE
Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Ourense. Universidade de Vigo.
HORARIO
Venres 19. De 16:00 horas a 21:00 horas.
Sábado: De 9:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas
VALORACIÓN EN HORAS DE FORMACIÓN: 15 HORAS.
04/03/2006
DATOS SOBRE A SITUACIÓN DOS INMIGRANTES NA ESCOLA GALEGA

No xornal "La Voz de Galicia" podemos ler unha información sobre a situación escolar do alumnado inmigrante .
No artigo ofrécense cifras (número de alumnos/as inmigrantes escolarizados) e distintas informacións de interese para coñecer a situación educativa deste colectivo.
CONGRESO INTERNACIONAL DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Os días 9 e 10 de marzo de 2006 vaise celebrar en Bilbao o Congreso Internacional de Orientación Profesional. 11/03/2006
ESTILOS DE APRENDIZAXE

Ana Robles, profesora de Inglés na provincia de Lugo, ten unha páxina web interesante , entre outros temas, sobre os estilos de aprendizaxe, a intelixencia emocional, as actitudes e as intelixencias múltiples.
20/03/2006
I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA
Como xa informamos o día 3 de marzo de 2006, a Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia (APOEGAL) organiza o I Encontro de Orientadores de Galicia os días 19 e 20 de Maio de 2006 en Ourense. Na páxina web da APOEGAL podemos consultar toda a información precisa para coñecer, entre outras cuestións, as finalidades do Encontro, comunicacións e organización.




