Blogia

A.P.O.E.G.A.L.

COMUNICACIÓN DE APOEX SOBRE O ISBN (II ENCONTRO NACIONAL DE MÉRIDA)

Estimados compañeros:

Ante la petición realizada por los compañeros que presentaron comunicaciones al II Encuentro Nacional de Mérida, hemos procedido a la solicitud del ISBN para la publicación. Los que disponéis de dicha publicación es suficiente con pegar en la hoja de datos de la publicación, la siguiente pegatina.

I.S.B.N.: 987-84-691-3820-5

O bien pegar esta con todos los datos:

Edita: Diputación Provincial de Badajoz

Coordinación de la publicación:

Asociación Profesional de Orientadores en Extremadura (APOEX)

Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España

Depósito Legal: 362/07

I.S.B.N.: 987-84-691-3820-5

Impresión: Diputación Provincial de Badajoz

FONTE INFORMATIVA: COPOE

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN NA ESO (2)

Achegovos as propostas a debate no meu centro.  Espero os vosos
comentarios

Toñi

EXCEPCIONALIDADE NA PROMOCIÓN E TITULACIÓN

Tendo en conta que a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na ESO na Comunidade Autónoma de Galicia contempla:

 

1.- No artigo 7 pto. 1 establece a posibilidade de obter o título con 1,2 e, ecepcionalmente con 3 materias suspensas sempre que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

2.-No artigo 7 pto. 3 establece que o alumnado que curse programas de diversificación curricular poderá obter o título tendo superado os dous ámbitos e con avaliación negativa en dúas materias como máximo e, excepcionalmente en tres se ten acadadas as competencias básicas e os obxectivos xerais da etapa.

3.-No artigo 6º, pto. .3 establece a posiblidade de promocionar excepcionalmente con 3 materias suspensas sempre e cando se considere que a natureza das dificultades non lle impedirá seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

4.-No artigo 6 pto. 11 e artigo 7 pto. 8 establece que ditas decisións requerirán o acordo favorable da maioría simple do equipo docente..

 

Formulanse as seguintes propostas, en relación á excepcionalidade, para o seu debate:

 

Titulación

Proposta 1

Criterios a cumplir:

-Ter acadadas en termos xerais as competencias básicas e os obxectivos da etapa, aínda que teña 3 materias suspensas./ Versión 2: Con 1 materia promocionará sempre. Con 2 e 3 promocionará sempre que dúas delas non sexan materias instrumentais (lingua galega e literatura, matemáticas e lingua castelá e literatura) e que teña acadados en termos xerais as competencias básicas e os obxectivos da etapa./

-Actitude positiva nas materias non superadas ( traballar na aula, presentación ás probas de setembro, asistencia ás clases de pendentes, se é o caso).

-Circunstancias persoais e familiares a ter en conta ( enfermidade ou calquera situación excepcional que poida estar a influir no rendemento escolar do/a alumno/a). Ditas circunstancias deben estar debidamente acreditadas.

Procedemento a seguir:

-Todo o alumnado con 1,2 e 3 materias será sometido á votación do equipo de avaliación.

-A xunta de avaliación antes de proceder á votación terá en conta se cumple os requisitos mencionados.

-Acordo simple da maioría do equipo docente, tal é como establece a norma.

 

Proposta 2

Criterios a cumplir:

-As materias con avaliación negativa non poden computar máis de 8 periodos lectivos semanais. - -Actitude positiva nas materias non superadas ( traballar na aula, presentación ás probas de setembro, asistencia ás clases de pendentes, se é o caso).

-Circunstancias persoais e familiares a ter en conta ( enfermidade ou calquera situación excepcional que poida estar a influir no rendemento escolar do/a alumno/a). Ditas circunstancias deben estar debidamente acreditadas.

Procedemento a seguir:

-Todo o alumnado con 1,2 e 3 materias será sometido á votación do equipo de avaliación.

-A xunta de avaliación antes de proceder á votación terá en conta se cumple os requisitos mencionados.

-Acordo simple da maioría do equipo docente, tal é como establece a norma.

 

 

Promoción

 

Criterios a cumplir:

-Que a falta de coñecementos nestas materias non lle impida ter un aproveitamento no curso seguinte.

-Existan expectativas razoables de recuperación.

-A promoción beneficie a súa evolución académica.

-Actitude positiva nas materias non superadas ( traballar na aula, presentación ás probas de setembro, asistencia ás clases de pendentes, se é o caso).

-Circunstancias persoais e familiares a ter en conta ( enfermidade ou calquera situación excepcional que poida estar a influir no rendemento escolar do/a alumno/a). Ditas circunstancias deben estar debidamente acreditadas.

Procedemento a seguir:

-Todo o alumnado con 3 materias será sometido á votación do equipo de avaliación.

-A xunta de avaliación antes de proceder á votación terá en conta se cumple os requisitos mencionados.

-Acordo simple da maioría do equipo docente, tal é como establece a norma.

 

 

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN NA ESO (1)

 HOLA A TODOS/AS:
En relación a la promoción y titulación: con dos materias
pendientes después de la evaluación extraordinaria,
interpretais en la norma que es a criterio del
profesorado??. ¿ O la coletilla del " criterio "
es para materias.

un saludo. Espero vuestras respuestas.
Antonia Fernández

CONCLUSIÓNS DO IV ENCONTRO DE ORIENTADORES

CONCLUSIÓNS DO IV ENCONTRO DE ORIENTADORES

PARA  VISUALIZAR  O DOCUMENTO EN FORMATO  E-BOOK

IV ENCONTRO NACIONAL DE ORIENTADORES

IV  ENCONTRO  NACIONAL  DE  ORIENTADORES

 

IV  ENCONTRO  NACIONAL  DE  ORIENTADORES

COMUNICACIÓNS

 

 

FORUM ORIENTA 2008

FORUM  ORIENTA  2008

FORUM ORIENTA’08. Mostra do Ensino Superior en Galicia

DATA DE CELEBRACIÓN: 8-13 ABRIL 2008

HORARIO: 10:00h-20:00h, de martes a domingo

LUGAR: IFEVI -VIGO- 
 
Destinatarios * Alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia * Profesorado * Orientadores/as * Pais e nais * Comunidade educativa de Galicia en xeral
 
 
http://www.forumorienta.es/

PRADOLONGO: UNHA HISTORIA DE AMOR EN VALDEORRAS

PRADOLONGO: UNHA HISTORIA DE AMOR EN VALDEORRAS


Pradolongo - Quen puidera namorala from pradolongo on Vimeo.

PRADOLONGO NOS CINES DE GALICIA

O dia 26 de marzo de 2008, ás 16.30 horas tivo lugar no Salón de Actos do IES García Barbón -fotos- a presentación do trailer -fotos- da película "PRADOLONGO"

LIBRO DE ACTAS DO I ENCONTRO DE ORIENTADORES DE GALICIA

Neste libro plásmanse as actividades desenvoltas no I Encontro de Orientadores de Galicia organizado por APOEGAL e celebrado en Ourense os días 19 e 20 de maio de 2006. 
Un encontro que se centrou en tres temás debido a demanda do profesorado en xeral e dos orientadores en particular: a mellora da convivencia, a integración do alumnado inmigrante e as perspectivas de futuro da orientación. 
A partires das ponencias entregadas e as comunicacións presentadas estructurouse o presente libro de actas en seis bloques temáticos co fin de facilitar a súa lectura: Convivencia nas aulas; Atención ao alumnado procedente do extranxeiro; Cine e Educación; Lecto-escritura e Educación Infantil; Propostas de intervención e Aspectos profesionais da Orientación. 

GUÍA MULTIMEDIA DE RECURSOS EDUCATIVOS

GUÍA  MULTIMEDIA DE RECURSOS  EDUCATIVOS

Leo no blog de "Tecnología y Discapacidad " unha información interesante na que dan conta dun novo recurso didáctico para alumnado con necesidades educativas especiais. É a Guía multimedia de recursos educativos para o alumnado con necesidades educativas especiais.

A Guía Multimedia proporciona información sobre páxinas web con recursos didácticos para o alumnado e o profesorado, cd-rom con programas útiles e recursos pedagóxicos variados dos Equipos Específicos (discapacidade visual, auditiva, motórica e do comportamento). 

Descargar Guía Multimedia.  

COMUNICACIÓNS DE CONGRESOS DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA E PROFESIONAL

 A Universidade Jaume I de Castellón organizou -nos dous último anos- un Congreso Internacional de Orientación Educativa e Profesional. Algunhas das comunicacións que se presentaron  a aqueles Congresos podemos dispoñer delas -na interesante páxina web de Quaderns Digitals -  e nas ligazóns que se facilitan.

COMUNICACIÓNS DO CONGRESO -EDICIÓN 2006-

 
COMUNICACIÓNS DO CONGRESO -EDICIÓN 2007- 
 
 

 

IMOS Á PUBLICIDADE

A nosa compañeira Marta Moro (martamoro@edu.xunta.es) facilita a todos/as os/as interesados/as o DVD do seu agasallado traballo -do que xa fixemos mención noutra anotación - e fainos chegar os cuestionarios que non incluimos na primeira mención ao seu traballo.

O traballo de investigación completo vai aparecer pronto na páxina do IGC.
 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN .
Cuestionario sobre avaliación do material didáctico para o alumnado.
Cuestionario sobre avaliación do material didáctico para o profesorado.
Cuestionario sobre a publicidade na televisión.

 

A IDEA MÁIS FERMOSA

A  IDEA  MÁIS  FERMOSA

No blog do profesor MIGUEL ÁNGEL SANTOS GUERRA podemos ler un emocionante e interesante artigo que se titula: "La idea más hermosa". Unha reflexión sobre a importancia da afectividade e da emocións na institución escolar.

I XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN: A DISCAPACIDADE

I XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN: A DISCAPACIDADE

I  XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN: A DISCAPACIDADE 

 

NORABOA PARA A NOSA COMPAÑEIRA MARTA MARÍA MORO POLO PREMIO

NORABOA  PARA  A  NOSA  COMPAÑEIRA  MARTA  MARÍA MORO POLO PREMIO

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha resolución do Instituto Galego de Consumo (IGC) pola que se dan a coñecer os gañadores dos premios convocados polo organismo dependente da Consellaría de Innovación e Industria ás teses de doutoramento e traballos de investigación realizados no eido do consumo. Á hora de conceder estes galardóns, o Instituto tivo en conta a orixinalidade dos proxectos, o interese do tema para Galiza, a aplicación práctica da investigación desenvolvida á realidade actual e a utilización da lingua galega na redacción do traballo.

Na modalidade de traballos de investigación, o primeiro premio correspondeu ao titulado “Imos á publicidade. Elaboración dun material educativo audiovisual para a identificación de contravalores na publicidade de televisión”, elaborado por Marta María Moro Rodríguez.

FONTE INFORMATIVA: GALICIA-HOXE

IMOS Á PUBLICIDADE

 

A PUBLICIDADE (PAUTAS PARA O TITOR/A)

NOVA ESPECIALIDADE DE SECUNDARIA: ORIENTACIÓN EDUCATIVA

NOVA  ESPECIALIDADE  DE  SECUNDARIA:  ORIENTACIÓN  EDUCATIVA

NOVA ESPECIALIDADE DE SECUNDARIA: ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Xa está listo o Borrador do Real Decreto polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de ensino secundario e algúns dos nosos compañeiros da COPOE comezan a facer valoracións e a opinar sobre as cuestións relacionadas coa nosa especialidade.
FONTE INFORMATIVA: http://www.copoe.org/node/238
Reflexións de Pilar Sánchez sobre o Borrador de Real Decreto

CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL DE EDUCACIÓN

CONGRESO  INTERNACIONAL  VIRTUAL  DE  EDUCACIÓN

CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL DE EDUCACIÓN(CIVE 2008)

DO 2 AO 22 DE ABRIL DE 2008

CIVE 2008 quere convertirse nun punto de encontro dos profesionais da educación e da psicoloxía educativa de ámbito internacional, utilizando como soporte as ferramentas de internet.

Para participar como asistente: a partir do día 10 de xaneiro de 2008

Presentación de ponencias: ata o día 31 de xaneiro de 2008 (para os ponentes xa está aberta a inscrición)

 

O FRACASO ESCOLAR NA EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

O FRACASO  ESCOLAR NA EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

Un de cada catro alumnos/as non remata a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Na Revista dixital Consumer Educación presentan un artigo breve que se divide en tres apartados.

 

1.- Radiografía da educación no noso país.

2.- Responsabilidade compartida.

3.- O papel das familias.

PUBLICACIÓNS DE INTERESE PARA OS DEPARTAMEMTOS DE ORIENTACIÓN

PUBLICACIÓNS DE INTERESE PARA OS DEPARTAMEMTOS DE ORIENTACIÓN

No portal educativo da Xunta de Galicia - Publicacións da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa- podemos consultar, entre outros, os seguíntes materiais:

1.- Orientacións e respostas educativas: alumnado con discapacidade intelectual.

2.- Orientacións e respostas educativas: alumnado con problemas de conducta.

3.- Orientacións e respostas educativas: alumnado con sobredotación intelectual.

4.- Maltrato entre iguais . Programa de sensibilización.

O Informe PISA sitúa o ensino galego entre os seis mellores do Estado

culturagalega

A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) realiza periodicamente un informe (o PISA) que mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá. Un documento que goza de gran prestixio e cuxos últimos resultados foron avanzados na revista “Maxisterio”. O informe evidencia que o sistema educativo español non mellora (está de 26 no listado mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos o que a sitúa sexta en España por diante do nivel dos Suecos e dos Daneses. Malia que descende dous postos no conxunto estatal, consegue catro puntos máis que no informe anterior.


Fonte informativa: CulturaGalega.org

Máis información no web da revista Magisterio, no da OCDE e na nosa hemeroteca

RECURSOS DE ORIENTACIÓN NO PORTAL DA XUNTA DE GALICIA

RECURSOS DE ORIENTACIÓN NO PORTAL DA XUNTA DE GALICIA

RECURSOS DE ORIENTACIÓN NO PORTAL DA XUNTA DE GALICIA