Se muestran los artículos pertenecientes al tema NOVIDADES.
28/03/2008
PRADOLONGO: UNHA HISTORIA DE AMOR EN VALDEORRAS

Pradolongo - Quen puidera namorala from pradolongo on Vimeo.
08/02/2008
IMOS Á PUBLICIDADE
A nosa compañeira Marta Moro (martamoro@edu.xunta.es) facilita a todos/as os/as interesados/as o DVD do seu agasallado traballo -do que xa fixemos mención noutra anotación - e fainos chegar os cuestionarios que non incluimos na primeira mención ao seu traballo.
24/01/2008
A IDEA MÁIS FERMOSA
No blog do profesor MIGUEL ÁNGEL SANTOS GUERRA podemos ler un emocionante e interesante artigo que se titula: "La idea más hermosa". Unha reflexión sobre a importancia da afectividade e da emocións na institución escolar.14/01/2008
NORABOA PARA A NOSA COMPAÑEIRA MARTA MARÍA MORO POLO PREMIO

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha resolución do Instituto Galego de Consumo (IGC) pola que se dan a coñecer os gañadores dos premios convocados polo organismo dependente da Consellaría de Innovación e Industria ás teses de doutoramento e traballos de investigación realizados no eido do consumo. Á hora de conceder estes galardóns, o Instituto tivo en conta a orixinalidade dos proxectos, o interese do tema para Galiza, a aplicación práctica da investigación desenvolvida á realidade actual e a utilización da lingua galega na redacción do traballo.
Na modalidade de traballos de investigación, o primeiro premio correspondeu ao titulado “Imos á publicidade. Elaboración dun material educativo audiovisual para a identificación de contravalores na publicidade de televisión”, elaborado por Marta María Moro Rodríguez.
FONTE INFORMATIVA: GALICIA-HOXE
A PUBLICIDADE (PAUTAS PARA O TITOR/A)08/01/2008
NOVA ESPECIALIDADE DE SECUNDARIA: ORIENTACIÓN EDUCATIVA

25/06/2007
PLAN CONTRA O FRACASO ESCOLAR
Un total de 157 centros participarán nun plan contra o fracaso escolar
Durante este curso, o PROA ampliouse a 76 centros educativos e o próximo curso 2007-2008 esta medida incrementarase aínda máis ata chegar aos 157 centros, o que significa duplicar o número de colexios e institutos.
O PROA ten dúas modalidades: a de acompañamento, na que participarán 77 colexios de primaria e 40 institutos de secundaria; e a de apoio e reforzo, que se implantará en 40 centros.
FONTE: LA VOZ DE GALICIA
20/06/2007
O PLAN DE MELLORA EDUCATIVA
Touriño destaca a aposta polos idiomas e a docencia ao presentar o plan de mellora educativa.
O plan prevé tamén reformar o número de docentes centrados en atender ao alumnado con necesidades específicas, incrementándose con 130 profesionais máis en orientación, pedagoxía, audición e linguaxe.
FONTE INFORMATIVA : LA VOZ DE GALICIA
31/05/2007
Os libros de texto serán de balde en todo o ensino obrigatorio para o vindeiro curso

O curso que comeza o vindeiro outono completarase a gratuidade de libros de texto para o conxunto do ensino obrigatorio en Galicia. Primeiro e terceiro de ESO serán os novos cursos aos que se ampliará esta medida. O conxunto do programa suporá un investimento de 23,4 millóns de euros, dentro dos que se contempla a substitución dos manuais de primeiro, segundo, e sexto de primaria, que xa cumpriron os catro anos previstos de emprego.
O curso que comeza o vindeiro outono completarase a gratuidade de libros de texto para o conxunto do ensino obrigatorio en Galicia. Primeiro e terceiro de ESO serán os novos cursos aos que se ampliará esta medida. O conxunto do programa suporá un investimento de 23,4 millóns de euros, dentro dos que se contempla a substitución dos manuais de primeiro, segundo, e sexto de primaria, que xa cumpriron os catro anos previstos de emprego.
FONTE INFORMATIVA



O texto definitivo da L.O.E. podemos consultalo 


