Se muestran los artículos pertenecientes al tema ACTUALIDADE EDUCATIVA.

A GUÍA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA XA ESTÁ EN INTERNET

20090929200512-goe.jpg


Informámosvos de que a Guía de Orientación Educativa que publicou o programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia está xa en Internet a disposición de todos aqueles interesados en utilizar este recurso divulgativo, do que é autora Ana Torres Jack. Pódese descargar libremente en

Precisamente no suplemento de hoxe analízase a estrutura interna da Guía e inclúese a entrevista que se lle fixo ao presidente de COPOE, Juan Antonio Planas Domingo, sobre a actual situación da orientación educativa. Podedes lelo aquí:
29/09/2009 20:05 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

ANA TORRES JACK PRESENTA UNHA GUÍA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA

20090916170958-goe.jpg

INFORMACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DA GUÍA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA

----- TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL 

----- EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

----- EDUCACIÓN EN VALORES                           

----- EDUCACIÓN EMOCIONAL

----- TÉCNICAS DE RELAXACIÓN                        

----- ORIENTACIÓN FAMILIAR

- Entrevista co Presidente de Apoegal.

- "Unha década de difusión intelixente da tarefa orientadora".

16/09/2009 17:09 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

O FRACASO ESCOLAR NA EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

20070912182741-20061215110208-fracasod.jpg

Un de cada catro alumnos/as non remata a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Na Revista dixital Consumer Educación presentan un artigo breve que se divide en tres apartados.

 

1.- Radiografía da educación no noso país.

2.- Responsabilidade compartida.

18/12/2007 20:47 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

O Informe PISA sitúa o ensino galego entre os seis mellores do Estado

culturagalega

A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) realiza periodicamente un informe (o PISA) que mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá. Un documento que goza de gran prestixio e cuxos últimos resultados foron avanzados na revista “Maxisterio”. O informe evidencia que o sistema educativo español non mellora (está de 26 no listado mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos o que a sitúa sexta en España por diante do nivel dos Suecos e dos Daneses. Malia que descende dous postos no conxunto estatal, consegue catro puntos máis que no informe anterior.


Fonte informativa: CulturaGalega.org

Máis información no web da revista Magisterio, no da OCDE e na nosa hemeroteca

03/12/2007 12:53 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

RECOMENDACIÓNS PARA QUE OS ESTUDANTES SE INTERESEN E APRENDAN MELLOR

20070905195259-edupasion.jpg

RECOMENDACIÓNS PARA QUE OS ESTUDANTES SE INTERESEN E APRENDAN MELLOR

Unha interesante proposta é que nos fan no blog EDUPASIÓN

 

Recomendo a súa atenta lectura e a posterior reflexión

02/10/2007 19:23 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

O B LOG DE MIGUEL ÁNGEL SANTOS GUERRA: DÚAS REFLEXIÓNS DE ACTUALIDADE

20070630185830-masguerra.jpg

No blog de Miguel Ángel Santos Guerra

podemos ler, entre outras moitas e interesantes aportacións, dúas reflexións sobre algúns temas de actualidade. O primeiro artigo "

"La culpa no es nuestra"

fai unha análise sobre a -culpa- do fracaso escolar, que como todos sabemos moi ben -a culpa- sempre é dos outros.

¡Qué cruz, Señor!

O segundo artigo xira ó redor dun tema de moita actualidade e opina sobre a postura dos bispos e a materia de "Educación para a cidadanía".

 

30/06/2007 18:58 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

NO CAMIÑO DA IGUALDADE...............................

Sánchez Piñón salienta que pese á excelencia académica da muller a súa presenza é reducida nalgúns sectores profesionais

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria inaugurou as Xornadas de Estudos e de Formación de Xénero, que se celebran ata o venres na Facultade de Ciencias da Educación

Subliñou que as mulleres acadan o 80% dos Premios de Bacharelato e o 61% dos galardóns á excelencia en diplomaturas e licenciaturas

No eido da docencia, as profesoras son maioría en infantil e primaria, mentres que no ámbito universitario non chegan ao 40%

Na investigación universitaria acada un 30%, mentres que no eido empresarial e privado, esta porcentaxe redúcese ata o 15%

 

06/06/2007 21:46 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.

NORABOA PARA O I.E.S. "CARLOS CASARES" DE VIANA DO BOLO (Ourense)

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo gaña o segundo premio nacional no concurso de boas prácticas de convivencia do MEC

Este centro vén traballando na convivencia desde o curso 2001/2002


 O Instituto de Educación Secundaria (IES) Carlos Casares, de Viana do Bolo, resultou gañador do segundo premio nacional do concurso de boas prácticas de convivencia, convocado polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), en xuño deste ano. Este centro competeu con 144 centros de toda España, dos cales outros 4 eran tamén galegos.

Máis información  

 

25/11/2006 12:54 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTUALIDADE EDUCATIVA No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]