Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.

14/05/2008

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN NA ESO (1)

 HOLA A TODOS/AS:
En relación a la promoción y titulación: con dos materias
pendientes después de la evaluación extraordinaria,
interpretais en la norma que es a criterio del
profesorado??. ¿ O la coletilla del " criterio "
es para materias.

un saludo. Espero vuestras respuestas.
Antonia Fernández

14/05/2008 12:58 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: Hay 10 comentarios.

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN NA ESO (2)

Achegovos as propostas a debate no meu centro.  Espero os vosos
comentarios

Toñi

EXCEPCIONALIDADE NA PROMOCIÓN E TITULACIÓN

Tendo en conta que a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na ESO na Comunidade Autónoma de Galicia contempla:

 

1.- No artigo 7 pto. 1 establece a posibilidade de obter o título con 1,2 e, ecepcionalmente con 3 materias suspensas sempre que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

2.-No artigo 7 pto. 3 establece que o alumnado que curse programas de diversificación curricular poderá obter o título tendo superado os dous ámbitos e con avaliación negativa en dúas materias como máximo e, excepcionalmente en tres se ten acadadas as competencias básicas e os obxectivos xerais da etapa.

3.-No artigo 6º, pto. .3 establece a posiblidade de promocionar excepcionalmente con 3 materias suspensas sempre e cando se considere que a natureza das dificultades non lle impedirá seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

4.-No artigo 6 pto. 11 e artigo 7 pto. 8 establece que ditas decisións requerirán o acordo favorable da maioría simple do equipo docente..

 

Formulanse as seguintes propostas, en relación á excepcionalidade, para o seu debate:

 

Titulación

Proposta 1

Criterios a cumplir:

-Ter acadadas en termos xerais as competencias básicas e os obxectivos da etapa, aínda que teña 3 materias suspensas./ Versión 2: Con 1 materia promocionará sempre. Con 2 e 3 promocionará sempre que dúas delas non sexan materias instrumentais (lingua galega e literatura, matemáticas e lingua castelá e literatura) e que teña acadados en termos xerais as competencias básicas e os obxectivos da etapa./

-Actitude positiva nas materias non superadas ( traballar na aula, presentación ás probas de setembro, asistencia ás clases de pendentes, se é o caso).

-Circunstancias persoais e familiares a ter en conta ( enfermidade ou calquera situación excepcional que poida estar a influir no rendemento escolar do/a alumno/a). Ditas circunstancias deben estar debidamente acreditadas.

Procedemento a seguir:

-Todo o alumnado con 1,2 e 3 materias será sometido á votación do equipo de avaliación.

-A xunta de avaliación antes de proceder á votación terá en conta se cumple os requisitos mencionados.

-Acordo simple da maioría do equipo docente, tal é como establece a norma.

 

Proposta 2

Criterios a cumplir:

-As materias con avaliación negativa non poden computar máis de 8 periodos lectivos semanais. - -Actitude positiva nas materias non superadas ( traballar na aula, presentación ás probas de setembro, asistencia ás clases de pendentes, se é o caso).

-Circunstancias persoais e familiares a ter en conta ( enfermidade ou calquera situación excepcional que poida estar a influir no rendemento escolar do/a alumno/a). Ditas circunstancias deben estar debidamente acreditadas.

Procedemento a seguir:

-Todo o alumnado con 1,2 e 3 materias será sometido á votación do equipo de avaliación.

-A xunta de avaliación antes de proceder á votación terá en conta se cumple os requisitos mencionados.

-Acordo simple da maioría do equipo docente, tal é como establece a norma.

 

 

Promoción

 

Criterios a cumplir:

-Que a falta de coñecementos nestas materias non lle impida ter un aproveitamento no curso seguinte.

-Existan expectativas razoables de recuperación.

-A promoción beneficie a súa evolución académica.

-Actitude positiva nas materias non superadas ( traballar na aula, presentación ás probas de setembro, asistencia ás clases de pendentes, se é o caso).

-Circunstancias persoais e familiares a ter en conta ( enfermidade ou calquera situación excepcional que poida estar a influir no rendemento escolar do/a alumno/a). Ditas circunstancias deben estar debidamente acreditadas.

Procedemento a seguir:

-Todo o alumnado con 3 materias será sometido á votación do equipo de avaliación.

-A xunta de avaliación antes de proceder á votación terá en conta se cumple os requisitos mencionados.

-Acordo simple da maioría do equipo docente, tal é como establece a norma.

 

 

14/05/2008 13:17 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: Hay 2 comentarios.

24/05/2008

COMUNICACIÓN DE APOEX SOBRE O ISBN (II ENCONTRO NACIONAL DE MÉRIDA)

Estimados compañeros:

Ante la petición realizada por los compañeros que presentaron comunicaciones al II Encuentro Nacional de Mérida, hemos procedido a la solicitud del ISBN para la publicación. Los que disponéis de dicha publicación es suficiente con pegar en la hoja de datos de la publicación, la siguiente pegatina.

I.S.B.N.: 987-84-691-3820-5

O bien pegar esta con todos los datos:

Edita: Diputación Provincial de Badajoz

Coordinación de la publicación:

Asociación Profesional de Orientadores en Extremadura (APOEX)

Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España

Depósito Legal: 362/07

I.S.B.N.: 987-84-691-3820-5

Impresión: Diputación Provincial de Badajoz

FONTE INFORMATIVA: COPOE

24/05/2008 20:07 Autor: apoegal. Enlace permanente. Tema: ACTIVIDADES FORMATIVAS No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]