O Informe PISA sitúa o ensino galego entre os seis mellores do Estado

culturagalega

A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) realiza periodicamente un informe (o PISA) que mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá. Un documento que goza de gran prestixio e cuxos últimos resultados foron avanzados na revista “Maxisterio”. O informe evidencia que o sistema educativo español non mellora (está de 26 no listado mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos o que a sitúa sexta en España por diante do nivel dos Suecos e dos Daneses. Malia que descende dous postos no conxunto estatal, consegue catro puntos máis que no informe anterior.


Fonte informativa: CulturaGalega.org

Máis información no web da revista Magisterio, no da OCDE e na nosa hemeroteca

03/12/2007 12:53

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]